Acompañar desde o amor
¿Para quen é este programa?
“Acompañar desde o Amor” é un programa que che axudará a dixerir toda a información do teu Mapa de Geniotipo. Coñecer as túas ferramentas internas é unha gran revolución para ti e a túa conciencia. Se queres aproveitar ao máximo a información da devolución do Mapa do Geniotipo acompañámosche con amor e respecto cara ao encontro coa túa esencia. Hai persoas que despois da lectura do mapa queren ir máis aló, queren axuda para procesar toda a información lanzada na devolución do Mapa, e profundar na ferida que non lles deixa concretizar os seus soños e/ou profundar no seu talento. En “Acompañar desde o Amor” axudámosche a potencialo e a empoderarte para que vexas con claridade os teus talentos naturais transformándose estes en unha base sólida para o teu crecemento persoal e profesional.
¿Cómo o facemos?
Baseámonos no teu Mapa de Geniotipo para acompañarte con amor a atopar o teu propósito de vida. Primeiro recoñecendo e honrando o teu eu actual, detectando os teus bloqueos, resistencias , feridas, etc. e despois abrindo espazo a un novo camiño cara á túa xenialidade natural. En función do teu momento vital e ocupando o lugar que che corresponde nesta existencia. Isto faralo nunha sesión 1 a 1 en privado con Rita, experta en acompañamento en Geniotipo. Tomar conciencia dunha incoherencia, o que fago non coincide co que quero, co que son. En ocasións téñome atopado que detectar esta incoherencia (descubrindo o que son) dá lugar a rexeitamento, leva tempo dixerir esta información pero ao mesmo tempo hai unha certa urxencia no individuo por ser resolta. Provoca ansiedade, desasosego, confusión e podemos chegar á desesperanza. Acompañámosche con amor, paciencia e rigor a resolvelo con eficacia tomando decisións desde a serenidade, autoescoita e paciencia. Antes de comprometerte con calquer traballo, proxecto propio, longa formación… ! Fala connosco !
Se queres reservar totalmente gratis unha chamada de filtro para saber en que punto te atopas e ver se realmente podémosche axudar fai clic no botón:
Acción
O mundo está esperando polo teu talento
¿A que estás a esperar ti? O momento é ahora.