Reprogramar
¿Para quen es este programa?
Se o que necesitas é ese pulo para comezar unha nova vida con propósito, unha guía, un faro que ilumine o teu camiño. Neste caso o teu programa é “Reprogramación en 80 días” onde durante 80 días terás o noso apoio para conseguir o teu propósito. Se vemos que non estás 100 % comprometido co teu cambio, non te aceptaremos neste programa. Ademais, como extra, axudarémosche en varias áreas da túa vida: pautas sinxelas e eficaces sobre alimentación, exercicio, diñeiro e cambio de mentalidade. Imos dar un xiro de 180º a aqueles aspectos da túa vida que queres mellorar? Iremos da tua situación actual a tua situación desexada.
Como o facemos?
Agora sabemos cales son as tuas Capacidades Creativas Innatas (CCI ), imos integralo todo e en só 80 días, se fas o traballo necesario pola túa parte, terás unha vida acorde co teu propósito. Unha nova mentalidade, físico e alma renovados, polo tanto, sentiraste máis forte e iso tamén se verá reflectido nas túas finanzas e relacións. Sentiráste como unha nova persoa chea de luz e coa forza de seguir o teu propio camiño porque agora estás aliñado co teu propósito, desprendes amor e gratitude.
Debuxaremos un mapa de rutas para que poidas vivir do teu propósito sexa cal sexa a túa situación actual; primeiro teremos unha sesión 1 a 1 para definilo segundo as túas necesidades. Dentro de 1 semana terémolo listo para que poidades comezar. Darémosche acceso á nosa comunidade privada para que te sintas en compañía estes 80 días. Axudarémosche activando o teu potencial e aumentando a túa autoestima. Guiámoste paso a paso para asegurarte de que estás a acadar os obxectivos e de que estás no camiño correcto. Tamén che axudaremos a xestionar as túas finanzas, emocións, autoestima e conciencia dun xeito moi sinxelo, sen grandes textos para ler ou estudar. Toda a comunidade axúdase, con amor e respecto. Desenvolver a existencia desexada. Mellora os teus dons, supera retos e alcanza as túas aspiracións. Non quererás volver o teu antigo eu nunca máis! A túa evolución comeza hoxe!
Acción
O mundo está esperando polo teu talento
A que estás esperando ti? Este é o mellor momento...