Desde Mipropositodevida queremos traer a Galicia á Fundación Geniotipo. O noso propósito é axudar a Geniotipar aos alumnos de 4º da ESO, BACHAREL E CCFF para descubrir a xenialidade dos nosos adolescentes. Estaraste a preguntar: por qué aos colexios galegos ? Porque Galicia tócanos moi de perto. Galicia é a nosa terra natal; somos da “Nación de Breogán”. Porque cando escoitamos a “Rianxeira” estremecémonos, porque cando o Celtiña sobe alegrámonos (aínda que non nos guste o futbol). Somos unha María Pita da vida que quere Geniotipar aos seus coterráneos; potenciar a súa xenialidade e, sobre todo, que tomen mellores decisións para o seu futuro profesional e persoal. O Geniotipo é unha ferramenta con base científica, psicométrica e neurolóxica. Más de 38.000 persoas coñeceron as súas capacidades creativas neuronais e cognitivas nos últimos 11 anos.

Abandono escolar

Segundo as estatísticas actuais, un de cada tres estudantes abandona o primeiro curso. Isto ocorre cando a elección profesional faise en función dás expectativas laborais en lugar de centrarse no talento natural. Coñecelo é esencial para facer unha elección máis precisa. Máis do 6% dos estudantes abandonan despois do primeiro ano de matrícula. Tal e como explica María Fernández-Xemelgo (Universidade Complutense de Madrid) na súa “ANÁLISIS DEL ABANDONO DE LOS ESTUDIANTES DE GRADO EN LAS UNIVERSIDADES PRESENCIALES EN ESPAÑA” que podes ler aquí.

Expectativa laboral

Os nosos rapaces elixen a súa carreira profesional segundo as expectativas laborais, por herdanza familiar, segundo o puntaje de corte ou elixen as carreiras máis coñecidas. Nunca baseándose no seu talento natural. Coñecer as capacidades creativas neuronais do seu cerebro, isto é; aquilo que se lle dá ben dunha forma innata, é imprescindible para facer unha elección máis certeira, para cometer menos erros na elección. Coñecer as súas capacidades é fundamental nun momento tan importante das súas vidas, quizá o segundo momento máis importante das nosas vidas despois do nacemento. En resumo: descubrir o seu talento é fundamental para reducir a súa angustia e facer a mellor elección do seu futuro profesional e persoal.

FUNDACIÓN Geniotipo

Se es un colexio e queres Geniotiparlo, fai clic no botón para falar connosco ou tamén podes chamar ao
WhatsApp 607 329 422.

Se es un colexio e queres entrar en contacto coa Fundación Geniotipo, fai clic no botón ou chama ao
WhatsApp 676 025 286